ARQUIVO MUSICAL DA BANDA GARROTE
Benvida a tódalas persoas interesadas na música de Banda.
O obxectivo deste Blog é o de
poñer á vosa disposicións as partituras que forman parte do Arquivo Musical da
Banda Garrote de Ortigueira.
O Arquivo está composto por 6068
títulos dos que 1093 son anónimos, 2017 manuscritos e 3927 están impresos.
Neste Blog poderás acceder á base
de datos onde están ordenadas en
relación ao lugar que ocupan no arquivo, títulos, xénero, compositores,
partitura ou guión, partichelas, ano de composición, impresión ou copia, etc.
O traballo no Arquivo non está
rematado, séguese na dixitalización e na procura dos compositores das obras
anónimas polo que calquera achega que se queira facer, unha vez contrastada
será incorporada indicando o nome do colaborador/a.
Se tes interese en ter algunha
partitura podes pedila no email de contacto xabiergarrotecobelo@gmail.com ,
facendo constar os seguintes datos:
Nome
Apelidos
Poboación
País
Correo electrónico
Actividade musical: Director/a de
Banda, Músico (indicar instrumento)
Investigador/a
Investigador/a
Título da obra
Número de rexistro
Tomo e número
Autor/es

